Martínez volve a votar co PP nun novo Pleno polas residencias

Xornada de Pleno Extraordinario, unha vez más, na Deputación Provincial. Se o pasado venres quedaba todo en nada tras a retirada da proposta por parte do voceiro provincial, Álvaro Santos Ramos; hoxe, a moción do PP para que Suplusa retome a encomenda de xestión das residencias da terceira idade saíu adiante grazas non só aos votos dos populares senón tamén do socialista e Vicepresidente do Executivo, Manuel Martínez.

A voceira popular, Elena Candia, valorou positivamente que esta tarde saíse adiante a proposta dos populares na que se defende a eficacia da encomenda de xestión a Suplusa en relación coas residencias. “Hoxe damos un paso máis para poder abrir a residencia de Castroverde, que é a que quere seguir no proxecto anterior” e que ten os permisos pertinentes, explicou, ao tempo que amosou a súa preocupación polo “espectáculo que estamos vendo Pleno tras Pleno”.

Pola súa banda, o voceiro socialista asegurou que a proposta dos populares non é legal e que por eso non apoiaron a mesma, aínda que si o fixera o vicepresidente. Santos Ramos asegurou que, como Secretario Provincial do PSdeG, o seu grupo tomará as medidas que sexan necesarias para que Manuel Martínez non volva a votar en contra “dos intereses dos lucenses e do Partido Socialista”.

As diferenzas entre o vicepresidente do Executivo e o seu grupo, que parecían que se iban solucionando, volveron a estar patentes nos últimos plenos, e sobre todo hoxe, cando o propio Manuel Martínez dixo estar de acordo en pagar unha multa por levarlle á contraria ao seu grupo ou “aceptar a repercusión que poda ter a miña liberdade de opinión”.

O certo é que a pesares de que esta moción saíse favorable, o goberno provincial asegurou que non a terá en conta dado a ilegalidade que conleva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo