Darío Campos distribuirá os 20 millóns do Plan Único nos 67 Concellos cos criterios unánimes da FEGAMP

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo este luns unha xuntanza cos voceiros dos grupos políticos con representación na Corporación Provincial (PSOE, BNG e PP) para trasladarlles os criterios de distribución dos 20 millóns de euros do Plan Único, que incluíu na súa proposta de Orzamento para 2017. Campos decidiu que estes fosen os aprobados unanimemente pola Federación Galega de Municipios e Provincias no mes de febreiro, cando acordaron conxuntamente un total de 45 propostas sobre financiamento de cara á reforma da Lei das Facendas Locais.

Destas corenta e cinco prropostas, a  17 apunta textualmente: Para o reparto da participación entre as entidades locais débense introducir factores que inciden directamente no custo que na prestación de servizos teñen que asumir. Proponse engadir na fórmula de reparto as variables “superficie”, “Número de entidades singulares de poboación” e “índice de envellecemento” de forma directa ou a través dun fondo específico integrado na participación, similar ao existente para as Comunidades Autónomas. http://bit.ly/2miFDhm

Polo tanto, ademais de manter a variable da poboación tal e como tamén acordou consensuadamente a FEGAMP; inclúense a superficie, entidades de poboación e o índice de envellecemento. Son estes 4 os criterios de distribución dos 20 millóns de euros do Plan Único nos 67 Concellos da provincia. Establécese un máximo de 500.000 euros e un mínimo de 150.000 euros por municipio para “favorecer o rural, dende unha Deputación co rural”, subliñou o Presidente.

Plan Único na memoria do Presuposto

Campos Conde levará ao Pleno Provincial a súa proposta de Orzamento para 2017, no que incluíu o Plan Único de 20 millóns de euros. De aprobarse, destinaríanse 10 millóns de euros do Presuposto ao Plan Único. Os outros 10 millóns incorporaranse posteriormente, pois procedente de remanentes, a través da aprobación no Pleno de modificacións presupostarias. Así se reflexa e, polo tanto, se garante, na memoria da proposta de Orzamento de Campos Conde, tal e como se pode comprobar na seguinte ligazón  http://bit.ly/2miYisJ). Por petición do BNG durante as Comisións Informativas que se celebraron o pasado xoves, o Presidente incorporou isto mesmo (10 millóns do Presuposto e 10 de remanentes) nas bases de execución

Adianto do Plan Único en decembro no Parlamento Galego

En decembro, Campos Conde xa avanzara no Parlamento Galego, durante a súa comparecencia para adiantar as liñas xerais do Presuposto de 2017, que, á espera de pechar o exercicio do ano anterior, é dicir, de ter feita a liquidación do orzamento de 2016 para coñecer os remanentes de tesourería, poría a disposición dos “Concellos programacións coas que seguir ofrecendo solucións aos veciños por un valor provisional e mínimo de 12 millóns de euros que tamén se distribuiremos en base a criterios obxectivos”, dixo textualmente. Pechado o exercicio, finalmente, 10 millóns do Presuposto son para este fin, e outros 10 millóns serán de remanentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com