" />

Dende onte en Lugo só se contabilizaron 12 novos casos de Coronavirus nas últimas 24 horas

Volve baixar a cifra de novos contaxiados na  provincia de Lugo, nas últimas 24 horas foron 12 as persoas contaxiadas, o total de doentes  en toda a provincia é de 533.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.635, deles 990 son da área da Coruña, 533 da de Lugo, 694 da de Ourense, 425 da de Pontevedra, 1.049 da área de Vigo, 675 da de Santiago, e 269 da de Ferrol.

Do total de doentes positivos, 176 permanecen en UCI, 870 están en unidades de hospitalización e 3.589 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 435 altas de pacientes e 149 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 23.324.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo