" />

Denunciados dous condutores de repartición tras dar positivo en drogas

A Policía Local de Lugo detectou durante a tarde de onte dous condutores de repartición con presenza de drogas no organismo ao dar positivo en THC, ou o que é o mesmo, cannabis. Os condutores foron detectados nos diferentes controis a furgonetas, camións e autobuses que estableceu onte a Unidade de Policía de Barrio xunto a un equipo de Atestados.  Os axentes abriron a cada repartidor un expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de 6 puntos do carné.

Ademáis destes dos condutores, a Policía Local  detectou tamén 6 vehículos de reparto de mercadorías sen a ITV correspondente, estes enfróntanse a unha sanción de 200 euros.  Asemade, a Policía detectou outras 6 persoas que incumprian a Lei de Saúde de Galicia, 4 por incumprimento da normativa sobre permanencia de persoas non conviventes, unha por entrar no termo municipal sen causas xustificadas e, unha última, por non facer uso da máscara de proteccións. 


Imaxe: Cedida pola Policía Local co resultado das probas realizadas aos condutores de repartición

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo