" />

A Deputación achega a Lourenzá 620.000 euros para mellorar servizos públicos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, informou este mércores sobre o investimento achegado aos 2.200 veciños deste Concello coa execución do Orzamento de 2016. Foron preto de 620.000 euros os que o Goberno Provincial destinou a este municipio, mellorando o conxunto das prestacións públicas, principalmente en zonais rurais, pois leváronse actuacións ás 4 parroquias que conforman Lourenzá.

Campos Conde e López García comprobaron o inicio das melloras no Camiño A, que que vai do Zapateiro a Santo Adriano e é o principal acceso viario a 3 das 4 parroquias do Concello. Estas actuacións consisten no acondicionamento do firme dun treito de case 3 quilómetros.

O Presidente e a Alcaldesa supervisaron ademais a posta en marcha dos traballos de arranxo da LU-P- 2801, de Santo Tomé, por Santo Adriano e Augasoxa a Mazo. Trátase da estrada que une o Camiño A coa parroquia de Santo Adriano, e a principal vía de comunicación de Lourenzá cos Concellos da Pontenova e Riotorto.

Asemade se mellorará o firme doutras 5 vías, que empregan a cotío os 600 veciños da zona na que se atopan. Son as estradas de Santo Adriano e Ríos, na parroquia de Santo Adriano; Castiñeiras Verdes e o Cal, en Santo Tomé; e a Tilleira, en Santa María de Lourenzá. Co conxunto dos traballos mencionados, foron case 465.000 euros os achegados polo Goberno Provincial durante a anualidade pasada para mellorar infraestruturas viarias na totalidade do Concello.

Campos Conde e López García mantiveron un encontro cos 5 lucenses que estaban no paro e que agora están a traballar en Lourenzá grazas ao DEPUEMPREGO, o plan de emprego da Deputación nos municipios de menos de 20.000 habitantes mediante o cal o Executivo Provincial financia os custos laborais de novos traballadores, que reforzan os servizos públicos dos Concellos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo