" />

A Deputación dedica 435.000 euros á mellora dos servizos públicos en Guitiriz

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este luns en Guitiriz o primeiro investimento do Orzamento de 2016 para mellorar os servizos públicos dos veciños deste Concello.

Campos Conde explicou que dito investimento está dotado de 435.391 euros, que se inxectarán de xeito inmediato no municipio. A meirande parte dos fondos, uns 250.000 euros irán destinados á instalación dun colector no río Veiga para mellorar o saneamento dos 2.000 veciños da zona. Darío Campos desexou que “este investimento sexa o primeiro de moitos para resolver os problemas dos veciños deste municipio”.

Pola súa banda, o Grupo Municipal do Partido Popular de Guitiriz dixo “celebrar” que a Deputación de Lugo conceda “agora” unha axuda de 250.000 euros para mellorar o saneamento dende o río Forxá ata a Ponte Veiga. A este respecto, os populares aseguran que “esta era unha vella demanda do noso grupo cando estábamos á fronte do goberno” e lembra “que durante catro anos nunca recibimos nin un só euro do organismo provincial para este fin”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo