A Deputación aprobará novas axudas para clubs e entidades deportivas

O Presidente da Deputación, Darío Campos, deu conta este xoves do “inicio dunha nova etapa na institución, na que a Deputación de Lugo está co Deporte”, aprobando mañá na Xunta de Goberno novas axudas para clubs e entidades deportivas por valor de 1 millón de euros. Os beneficiados poderán solicitar un adianto das mesmas do 80%. Outra das novidades é a incorporación de criterios sociais nas bases para a súa concesión.

Campos Conde presentou na Praza de San Marcos dúas programacións de subvencións deportivas. Fíxoo acompañado polo Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e representantes do Club Deportivo Burela Fútbol Sala, Emeve, Club Peluquería Mixta de Friol, Prone Lugo e Ensino, que agradeceron o “esforzo” do Goberno Provincial.

Subvencións de concorrencia non competitiva. Garantidas as do Breogán e CD Lugo

470.000 euros corresponden ás subvencións de concorrencia non competitiva. Estas están dirixidas a equipos da provincia que participan en campionatos oficiais federados de Primeira ou Segunda categoría absoluta estatal, e non son sociedades anónimas deportivas. “Estas últimas serían o CD Lugo e o Breogán, que, por suposto, tamén teñen garantida a súa correspondente axuda económica anual, tal e como recollemos no Orzamento de 2016”, destacou.

Os beneficiarios das axudas de concorrencia non competitiva, que por primeira vez poderán solicitar un anticipo do 80%, son os 5 clubs deportivos que hoxe participaron no acto: o Burela, o Prone, o Club Peluquería Mixta de Friol, club de baloncesto feminino Ensino e o Emeve.

Subvencións de concorrencia competitiva con criterios sociais

O Executivo da Deputación tamén aprobará mañá na Xunta de Goberno axudas doutros 500.000 euros, neste caso, dirixidas a todas as entidades e clubs deportivos da provincia. Trátanse das subvencións de concorrencia competitiva para actividades federadas, eventos deportivos puntuais ou citas con carácter permanente.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com