A Deputación cede 4 obras e 32 bonecos para a mostra “Gumersindo Pardo Reguera, inspirador de Picasso”

A Deputación colabora con 4 cadros e 32 bonecos coa mostra Gumersindo Pardo Reguera, Inspirador de Picasso que estará exposta ata o 26 de marzo na Sala de Exposicións do Palexco do Concello da Coruña. Esta exposición conta con 4 retratos ao óleo sobre lenzo, cedidos pola Deputación, de Jaime de Ozores de Prado, de Camila Marqueina Illa, de Francisco García Reboredo e do rei Alfonso XIII. O organismo provincial tamén achega para a mostra unha colección de 32 bonecos de trapo confeccionados por Elena Pardo, filla de Gumersindo Pardo Reguera.

Exposición de Gumersindo en Lugo

A Deputación expuxo durante 3 meses no Museo Provincial de Lugo unha mostra sobre Gumersindo Pardo con 40 obras do artista lucense. A exposición contaba con 30 óleos, 1 debuxo, 1 gravado (de Carl Dupuis) que pertenceu a Pardo Reguera, 6 fotografías, 1 cámara fotográfica e 1 vídeo.

Esta colección, afondaba por primeira vez nas conexións entre o pintor lucense e Pablo Picasso, cando era neno e vivía en Galicia. Ademais presentaba a hipótese de que o famoso Guernica tivera a súa orixe nun gravado realizado por Carl Dupuis de A matanza dos inocentes, de Rubens, obra colgada na botica de Gumersindo que Picasso visitaba a diario.

Gumersindo Pardo Reguera

Nado o 24 de febreiro de 1847 en Valgos, na parroquia de San Martiño da Ribeira, do Concello de Cervantes, comezou a pintar a finais do século XIX, pasados os 40 anos. Pronto se gañou fama de gran retratista, que foi crecendo ata a súa morte, en 1916. Para entón, xa era un pintor consagrado e secretario da Real Academia Galega de Belas Artes.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com