Deputación, Concello de Xermade e UdC deseñan unha residencia sustentable para maiores en Roupar

A Xunta de Goberno deste venres aprobou o protocolo de colaboración entre a Deputación de Lugo, Concello de Xermade e Universidade da Coruña (UdC) para o deseño dunha residencia sustentable para maiores en Roupar.

Esta colaboración faise coa UdC ao contar con Facultade de Arquitectura. Estes profesionais encárganse da elaboración do anteproxecto dunha edificación sustentable (que se abasteza de enerxía renovable ou se constrúa con materiais como a madeira…), que é pioneira no rural galego.

O Concello está a avanzar na adquisición dun espazo de 9.000 metros cadrados en Roupar para a construción desta dotación social. A súa previsión é ofrecer 10 vivendas tuteladas a uns 30 maiores do municipio. A Deputación colaborará economicamente.

Noutro senso, a Xunta de Goberno provincial tamén deu o visto e prace ao convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova para a dotación dunha tirolina de 330 metros cadrados que una a mina Consuelo e o forno Boulloso. Este proxecto está dotación de 317.605 euros. Desta cantidade, a Deputación achega 300.000 euros e o Concello a parte restante. A maiores, o municipio está a adquirir os terreos necesarios no contorno da mina Consuelo para a súa execución. Esta iniciativa recupera o trazado das vagonetas que transportaban o mineral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo