A Deputación conmemora o día do Alzheimer con maxia, música e cine

 

A Deputación de Lugo conmemorou esta tarde o día mundial do alzheimer con actividades como maxia, música e cine. A xornada comezou ás 17:30 horas coa actuación do grupo gaiteiros Os Xardois e as funcións de maxia do magos Antón e David Ménendez na Praza de San Marcos. A continuación, presentouse o vídeo Sensibilización co Alzheimer realizado pola TIC da Deputación.

Ás 18:30 horas tivo lugar no Salón de actos da Deputación a conferencia Alimentación en la Enfermedad de Alzheimer a cargo de Iria Franco Peña, técnica de AFALU. De seguido, na sala de exposicións do organismo provincial, os magos Antón e David Menéndez realizaron varios espectáculos de maxia. Finalmente, proxectouse a película Arrugas, do director Ignacio Ferreras, gañadora de 2 premios Goya.

O maior risco no Alzheimer é a idade. Galicia é a segunda comunidade autónoma máis vella de España, só superada por Asturias, con 190 xubilados por cada 100 mozos. Dende 2000, Galicia é unha comunidade envellecida, o que significa que conta con máis persoas maiores que mozas. O aumento da esperanza de vida, a diminución da taxa de natalidade ata alcanzar a cifra máis baixa dos últimos 13 anos, o saldo vexetativo negativo, pois morren máis persoas das que nacen desde fai case tres décadas, e a marcha dos máis novos a outras comunidades e países debido á crise son as principais causas desta situación.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos destacou a colaboración de Deputación e Concello de Lugo con AFALU, AFA Chantada, AFA Monforte e AFA Viveiro, que son todos os colectivos de Alhzeimer que hai na provincia luguesa, con investimentos directos de 50.000 euros entre ambas as dúas institucións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com