Deputación e Concello colaboran coa I Feira de Emprego Universitario de Lugo

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a Deputada provincial de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e Venancio Salcines, o presidente da fundación con ese mesmo nome e da Escola de Finanzas da Coruña, presentaron esta mañá a primeira Feira de Emprego Universitario, un evento que terá lugar na cidade lucense o vindeiro día 19 co obxectivo de promover a inserción laboral entre a mocidade, en concreto dos estudantes universitarios e recén graduados, e, deste xeito, dinamizar o tecido socioeconómico de Lugo. Tanto a entrada á feira, que se celebrará no hotel Méndez Núñez, como a participación nas actividades que inclúe son gratuítas.

O certame servirá para poñer en contacto ás empresas cos universitarios a través de expositores informativos, que permanecerán abertos en horario de 9.30 a 18.30. A organización espera unha participación de 20 grandes compañías que operan en España e mesmo a nivel internacional, como poden ser Hotusa, Cafés Candelas, Nortempo, BDO Auditoría, PWC, Softek, Vegalsa-Eroski ou Caixabank.

Ao mesmo tempo, os estudantes e recén graduados, tanto da Universidade como de FP, ademais de darse a coñecer entre as empresas de cara a unha futura relación laboral, terán a oportunidade de mellorar o seu perfil curricular asistindo a diversos obradoiros e actividades, entre elas, sobre oratoria, creación dunha marca persoal, presentación dun mesmo nun minuto e medio, poñer en práctica o aprendido coas propias empresas participantes na feira e gravar a presentación para tela a disposición das firmas. Para poder asistir a estas actividades é preciso inscribirse previamente a través da web www.escueladefinanzas.edu.es

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com