A Deputación e o CB Breogán organizan un clinic de baloncesto gratuíto

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, acompañado polo Presidente do CB Breogán, Jesús Lázare Rincón, presentou esta mañá o clinic de baloncesto que o Goberno da Deputación e o Club Baloncesto Breogán organizan con motivo do seu 50 aniversario e que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de xuño, no Pazo Provincial dos Deportes da capital luguesa.

Rivera Capón subliñou que “se trata dun clinic de baloncesto dirixido a monitores, adestradores, profesores de Educación Física,  xogadores, pero tamén aberto a todos aqueles que teñan inquedanza por saber algo máis do que se esconde na trastenda dos adestramentos, nunha xornada de formación única para os amantes do deporte da canastra, pola calidade dos poñentes”.

Esta iniciativa enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.

A entrada será de balde, sendo precisa unicamente unha inscrición previa online, no seguinte formulario: http://bit.ly/2rFPVx7. Ademais, a Aula Formativa do Adestrador Galego convalida aos alumnos dos cursos de adestradores FGB que participen nesta Aula que poderán validar a súa asistencia por un total de oito horas de formación complementaria e un CETI.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo