A Deputación impulsa o V Torneo de Pádel Grupo Ditram

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este luns a quinta edición do Torneo de Pádel Grupo Ditram, que se celebrará do 1 ao 4 de setembro no Activity Center de Burela, e que reunirá a elite do deporte coa presenza confirmada de reputados xogadores do World Padel Tour como Borja Ytibarrem, Guga Vázquez, Martín Sánchez ou Cristian Gutierrez ‘Sanyito’.

Dende a súa posta en marcha fai cinco anos, o torneo converteuse nun referente a nivel galego, tanto polo nivel dos participantes, como pola expectación e repercusión que xera. A competición dividirase nas seguintes categorías: 1ª masculina, 2ª e 3ª masculina, 1ª feminina, 2ª feminina, 1ª e 2ª mixta e veteranos +40.

Os xogadores interesados en participar nesta quinta edición do evento poderán inscribirse ata o próximo mércores 31 de agosto ás 14:00 horas no teléfono 982 581 381 ou na páxina web www.doblered.net. O prezo por persoa é de 18 euros nunha única categoría, e 10 euros por cada categoría adicional. O mércores realizarase, ademais, o sorteo de cadros, a partir das 18:00 horas no Activity Center de Burela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com