A Deputación inicia as primeiras melloras do Plan Integral de mellora da rede viaria provincial

A Deputación pon en marcha un Plan Integral de mellora da rede viaria provincial, a máis extensa de España ao superar os 4.200 quilómetros que transcorren polos 67 Concellos. As primeiras 21 obras desta programación están dotadas de 4,5 millóns de euros, financiados na súa totalidade polo organismo provincial, para o acondicionamento de vías de 17 Concellos das zonas Norte, Centro e Sur.

Son os municipios de Vilalba, A Pontenova, Lugo, Friol, Trabada, As Nogais, Xermade, A Pastoriza, Pantón, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Pol, Lourenzá, Abadín, Becerreá, Monforte de Lemos e Baleira.

As obras que xa se están a executar son as seguintes:

  • Becerreá: rehabilitación do firme LU-P- 0707, de Armesto, por Tores, Ás Nogais. Estase a rematar a segunda fase destas actuacións de 500.000 euros. A primeira fase, xa finalizada, contou con outro medio millón de euros.
  • A Pobra do Brollón: rehabilitación do firme da LU-P- 4713, da Pobra do Brollón á LU-652, en Cereixa, entre os puntos quilométricos 0 e 2,080. Conta cun orzamento de 20.000 euros.
  • Monforte de Lemos: rehabilitación do firme da LU-P- 3202, de Monforte de Lemos a Currelos, entre os puntos quilométricos 0,100 e 2,207. Conta cun orzamento de 23.000 euros.
  • Lugo: acondicionamento da estrada que transcorre dende a Ponte Romana á Igrexa de San Lázaro, no Club Fluvial, con 55.000 euros. Tamén executa as obras de mellora do firme do paseo do Río Rato con 35.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com