" />

A Deputación licita con 1,3 millóns as obras de construción da Granxa Experimental de Leite

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este mediodía de que o Goberno provincial aprobou na Xunta de Goberno iniciar con 1,3 millóns de fondos provinciais o proceso de contratación das obras de construción do Centro Experimental de Leite na Granxa Gayoso Castro. Fíxoo logo de aprobar o pasado venres o convenio de colaboración entre a Deputación e a USC para a dotación destas instalacións públicas e pioneiras na  provincia co obxectivo de levar a cabo proxectos de formación e investigación que permitan reducir custos de produción no sector lácteo e incorporar as novas tecnoloxías para mellorar a calidade de vida destes profesionais.

Campos Conde apuntou que agora o proxecto estará en exposición pública durante 15 días e, logo, as empresas poderán presentar as súas ofertas. Cómpre explicar que esta iniciativa está dotada dun total de 2 millóns de euros, dos que o Goberno da Deputación achega 1,3 millóns para as obras e a USC outros 700.000 euros para o  equipamento.

As obras contemplan a construción, nunha finca de 15.500 metros cadrados da Granxa Gayoso Castro, de dúas naves. Unha con capacidade para 70 vacas produtoras de vacún de leite, que contará cun robot de muxido, cun centro de recepción de visitas onde se incluirá unha aula de actividades docentes, de formación e de divulgación; así como un laboratorio para actividades investigadoras. Tamén se construirá outra nave para acoller a alimentación do gando, silos e un espazo para gardar a maquinaria.

O Presidente informou tamén sobre a adxudicación de obras de mellora de 4 estradas provinciais en Cervantes, Friol e Baralla con case 820.000 euros. “Actuaremos en máis de 15 quilómetros, nos que se mellorará o firme e con aglomerado en quente e se incrementará a sinalización”, explicou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo