" />

A Deputación mellora con 40.000 euros varias rúas de Lourenzá

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, deron conta esta mañá das melloras de 40.000 euros, que o Executivo Provincial levará a varias rúas da localidade. As vías nas que melloraron os servizos públicos son a Travesía da Mariña e a rúas Fernández del Riego e  Muíño do Frade, situadas as tres no centro do casco urbano do municipio laurentino e que rexistran moito tránsito ao acoller os principais servizos ademáis de locais comerciais e establecementos hostaleiros.

Os traballos que se levarán a cabo dan resposta ás peticións dos veciños e consistirán na renovación das beirarrúas para mellorar a accesibilidade ao centro urbano e a seguridade dos viandantes.

Campos Conde destacou que “estas obras enmárcanse na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural; por unha institución que sempre está cos veciños, tentando dar resposta as súas necesidades, que pasan pola dotación ou mellora de seus servizos públicos dende o público”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo