A Deputación mellora con case 1 millón de euros os servizos públicos de Cervantes

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, informou esta mañá sobre o investimento de case 1 millón de euros, que o Goberno Provincial achegou no último ano a este municipio. Fíxoo para mellorar o conxunto dos servizos públicos aos 1.400 veciños deste concello da Montaña, pois estes fondos permitiron o arranxo de accesos, traídas de auga e alumeado en preto de 30 núcleos rurais, a prestación de servizos socias a uns 30 maiores, así como a xeración de 9 novos postos de empregos.

Deste xeito, preto de 450.000 euros foron para a mellora de accesos viarios nunha vintena de núcleos rurais, nos que viven máis de 600 veciños. Campos Conde e Gómez Tadín supervisaron os traballos rematados nas vías a varios destes núcleos. O Presidente avanzou que nos vindeiros días comezarán as melloras nos de San Miguel, Vilaspasantes, Vilarello da Igrexa e O Mazo; ao tempo que rematarán ás levadas a cabo na Ponte Casas do Río, que une a localidade de Cervantes con outros 8 núcleos rurais.

A Deputación achegou máis de 200.000 euros á mellora de traídas de auga e alumeados públicos en 9 núcleos rurais, beneficiando directamente aos máis de 300 veciños que viven nos mesmos. Situáronse 116 luminarias de tipo LED no Piornedo, Vilaver, Cela e Vilarello da Igrexa, cos que, o consistorio aforrará anualmente máis de 3.000 euros. Dotouse dunha nova traída de auga e melloráronse outras 6 en Castro Aldea de Catroventos, Vilarello da Igrexa, Villaver, San Tomé, Río de Castro, Vilarnovo e Prados. Nas vindeiras semanas, tamén se arranxará a traída de auga de Casas do Río e se ampliará o Edificio de Servizos múltiples.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com