" />

A Deputación promociona o traballo dos Ferreiros con 10.500 euros

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, asinaron hoxe na localidade un convenio de colaboración mediante o cal o organismo provincial achega outros 10.500 euros á promoción do traballo destes profesionais como “sinal único de identidade cultural e atractivo turístico da nosa provincia, especialmente, da Mariña Oriental, capaz de dinamizar a económica e xerar riqueza”. Así o destacou Campos Conde tras a sinatura deste convenio, que tivo lugar na Forxa de Viñabella, en Espasande de Abaixo, nun acto no que participaron máis ferreiros deste colectivo como Manuel Alonso Fojaca, Agustín Iglesias Rodríguez e Ángel Villada Moirón.

Con este fondos, os Ferreiros de Riotorto disporán de paneis informativos e explicativos da historia do seu oficio tradicional ou da elaboración dos seus produtos, que se situarán nos seus obradoiros, no municipio riotortense, para unha maior visibilidade. Ademais, contarán cun deseño especial de embalaxe dos seus produtos, cos que promocionar a súa marca. Serán pezas de artesanía feitas de madeira, nas que se comercializarán as súas pezas de ferro.

Esta nova achega de 10.500 euros, engádese aos 20.000 euros que o Goberno Provincial destina anualmente á Feira do Ferro. Outra das colaboracións do organismo provincial con estes profesionais consiste no documental que se está a realizar a custe cero dende a TIC.

Trátase dun traballo audiovisual que recolle as testemuñas dos ferreiros de Riotorto sobre a historio do seu oficio, experiencias, traxectoria, técnicas de traballo, elaboración das pezas… entre outros aspectos, co que se busca darlles unha maior promoción e a posta en valor do seu traballo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo