" />

A Deputación renova a súa colaboración con ACRUGA

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Rubia Raza Gallega (ACRUGA), Cesar Dorado Pin, asinaron o convenio mediante o cal a Deputación renova a súa colaboración con este colectivo. Faino concedéndolle unha nova axuda de 172.000 euros para continuar coa recría de exemplares na Granxa Gayoso Castro, mellorándoos xeneticamente para a súa comercialización e promoción.

Campos Conde detallou as vantaxes que supón esta colaboración, apuntando que dende a súa posta en marcha xerou beneficios de 2,3 millóns de euros e un aforro doutros 2,2 millóns para os produtores de Rubia Gallega da provincia lucense.

Entre as medidas de aforro, Darío Campos destacou a recría dun só exemplar durante os 18 meses deste proceso supón un custo medio de 1.650 euros. Na Granxa Gayoso Castro recriáronse preto de 1.500 novillas, derivando nun aforro de 2,3 millóns de euros para os produtores lucenses.

E, doutra banda, entre os beneficios está que as cabezas recriadas nas instalacións provinciais, 500 leváronse a poxas, acadando un prezo medio por unidade de 2.000 euros. Outras 800 novillas vendéronse directamente a un prezo medio moi competitivo duns 1.600 euros. Isto supuxo ata o momento beneficios de 2,2 millóns de euros, ademais de contribuír á promoción e expansión dos exemplares de Rubia Gallega dos produtores lucenses, pois estes foron adquiridos por profesionais de toda a Comunidade galega e diferentes puntos de España. Na actualidade, na Granxa Gayoso Castro estanse a recríar preto de 200 exemplares. Esta mesma fin de semana, 9 cabezas participarán na poxa de Adai.

Samaín e Magosto

Noutro senso, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, presentou este xoves no Saviñao a programación do Magosto e do Samaín que se celebrarán neste Concello, e que financia o Goberno da Deputación. A Festa do Samaín será o 31 de outubro, e o Magosto o 5 de novembro. Durante estas xornadas haberá desfiles, inchables, merendas, baile e xogos tradicionais para nenos. O Goberno da Deputación achega 8.000 euros para diversas actividades que se desenvolven no Saviñao entre as que tamén se inclúen ademais destas dúas, a aula de verán e as actividades do Nadal. Na presentación estivo presente o Tenente de Alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto Quiroga, xunto con outros membros da corporación municipal.

Vidal Baamonde explicou que con esta colaboración contribuímos a difundir a cultura tradicional galega, e tamén promocionamos os nosos produtos autóctonos, como neste caso é a castaña. O Deputado remarcou a importancia da celebración deste tipo de eventos na Comarca de Lemos, xa que contribúen de xeito decidido a incentivar ás nosas Comarcas e as nosas vilas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo