" />

A Deputación retomará o programa Movémonos con case 8000 horas de actividades dirixidas

A Deputación de Lugo aprobou hoxe en Xunta de goberno retomar as actividades do programa Movémonos durante este ano e o que vén. Así o afirmou o presidente da deputación Darío Campos Conde quen explicou que o Movémonos é o programa deportivo, saudable e social que programa a Deputación destinado a asociacións de concellos de menos de 5000 habitantes ou a colectivos de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social.

A Deputación inicia así a contratación para este ano e o 2018, apoiando esta actividade con 119.000 euros incorporando ao contrato cláusulas sociais en defensa dos traballadores e das persoas con capacidades diferentes.

O adxudicatario deberá contratar un mínimo de 14 traballadores que cobren 15 euros á hora, deste xeito a deputación mellora a situación salarial con respecto ao convenio que o regula de Instalacións Deportivas e Ximnasios que establece un mínimo de 6 euros por hora traballada.

 

Campos Conde asegurou que serán case oito mil horas de actividades dirixidas a asociacións de todos os concellos da provincia con menos de 5000 habitantes ou a colectivos de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social dos 67 concellos da provincia.

A Xunta de goberno da Deputación aprobou tamén a ampliación de obras da rehabilitación da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo. Asemade, a Deputación achegará 560 mil euros ao funcionamento das rutas fluviais da Ribeira Sacra para que continúe este servizo ata finais de ano para o que xa teñen máis de 10.000 reservas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo