Deputación e Somos Unidos Contra el Cáncer impulsan hábitos de vida saudables

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, xunto ao Presidente de Somos Unidos Contra el Cáncer, José Manuel Vázquez Castro, inauguraron este sábado o Taller de marcha nórdica impartido pola Federación Galega de Montaña e organizado pola Asociación lucense en colaboración co Goberno da Deputación, no que participaron preto de 50 lucenses. O obradoiro foi impartido por Cristina González e Cecilia García, monitoras da Federación, que explicaron as técnicas da marcha nórdica, un deporte de resistencia e unha forma de exercicio ao aire libre que consiste en camiñar coa axuda e impulso de bastóns similares aos utilizados no esquí.

López Izquierdo subliñou que “para nós é un privilexio acoller este tipo de obradoiros de carácter deportivo e saudable abertos a toda a poboación, e no que contaremos coa experiencia e sabedoría de dúas monitoras da Federación Galega de Montañismo, que nos darán as claves dunha modalidade como é a marcha nórdica, con moitos beneficios que favorecen o estado físico e mental de calquera persoa”.

A Deputada de Benestar e Igualdade puxo en valor “o traballo de asociacións como Somos Unidos, que traballan diariamente para axudar aos doentes e familias a vencer esta enfermidade na provincia de Lugo” e avanzou que “nos gustaría que este tipo de obradoiros se poidan repetir varias veces ao longo do ano, para achegar o deporte e un estilo de vida saudable a todos os nosos veciños”.

O obradoiro constou de dúas partes divididas nunha teórica, que se levou a cabo no salón de actos da Deputación, e unha parte práctica que tivo lugar polo adarve da muralla. Estivo dirixido aos seguintes ámbitos sanitarios: enfermidade coronaria, enfermidade arterial periférica, EPOC, cancro de mama, diabetes tipo II, obesidade, osteoporose, fibromialxia, depresión, derrame cerebral, insuficiencia cardíaca, enfermidades pulmonares, síndrome metabólico, artrite, cancro, linfedema, claudicación intermitente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com