" />

A Deputación xera 12 novos postos de traballo

O Goberno da Deputación xera 12 novos empregos en 8 municipios da provincia: Monforte de Lemos, O Saviñao, Castro de Rei, A Fonsagrada, Trabada, Riotorto, A Pontenova e Taboada.

Faino a través do DepuEmprego, o plan co que o Executivo Provincial xera novos postos de traballo, asumindo os custos laborais dos traballadores que requiran os Concellos para reforzar a prestacións de servizos municipais aos veciños, e do Ben Empregado, o programa co que o Goberno da Deputación asume os gastos laborais e salariais da contratación de parados lucenses durante un ano en empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia.

Son, concretamente, 4 postos do DepuEmprego en ​Taboada un monitor de deportes, e en Trabada: 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico ou con grado en enxeñería de edificación, 1 tecnico deportivo. Todas as persoas interesadas teñen que dirixirse ao Concello, pois son os encargados de realizar os procesos de selección. Neste caso, os interesados deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo