A Deputación xera 19 postos de traballo en cinco Concellos a través do ‘DepuEmprego’

O Goberno da Deputación xera 19 postos de traballo novos, en 5 Concellos da provincia a través do plan do DepuEmprego, a iniciativa que o executivo provincial dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes.

O prazo de solicitude para optar a estos 19 postos de traballo está aberto e ofrece emprego en Cervo, Foz, Guitiriz, O Páramo e Paradela. As inscricións poderanse facer nos propios Concellos e toda a información relativa ao DepuEmprego poderase atopar na páxina web da deputación www.deputacionlugo.gal. 

Neste plan, ofértanse 5 postos de peón en Cervo, 2 de auxiliares administrativos para Foz, 2 conserxes, un condutor, un arquiveiro e un dinamizador social para Guitiriz, 4 peóns de obras públicas en Paradela e 3 peóns de obras no Páramo. As datas límites para optar a estes postos son as seguintes:  en Cervo, o prazo estará aberto ata o 2 de Marzo; en Foz, ata o 24 de febreiro; en Guitiriz, ata o domingo 26 de febreiro, en Paradela as solicitudes poderán facerse ata o 6 de marzo e, no Páramo o prazo remata mañá, martes 21 de febreiro.

Con estes 19 novos empregos, son xa 185 os que en total o goberno da Deputación leva xerado en 50 municipios da provincia a través desta iniciativa. Álvaro Santos Ramos, voceiro da deputación, destaca que son 263 os postos de traballo que inclúe este plan polo que nas vindeiras semanas se xerarán outros 78 empregos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo