" />

Desaloxado por precaución un colexio de Vilaba por mor dun incendio no seu interior

Un incendio declarado no interior dun colexio en Vilalba obrigou a desaloxar ás súas instalacións na mañá de hoxe. Afortunadamente, ningún dos máis de 300 alumnos que estudan no centro se viron afectados.

O mesmo persoal da institución educativa foi quen ao redor das 12:45 horas chamou ao 112 Galicia para alertar dun lume nun aparato eléctrico dentro do colexio, situado na Rúa Cuart de Poblet, no concello de Vilalba. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 no transcurso da chamada, o incendio estaba controlado pero requirían a presenza dos bombeiros para comprobalo.

Dese xeito, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vilalba e da Policía Local. Ademais, avisouse tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

Nestes intres, o equipo de extinción da localidade atópase no punto realizando as comprobacións pertinentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo