Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia, minutos antes das 13:30 horas: estaba a saír moito fume da caldeira de pellets dun colexio do Barrio dos Piñeiros, en Esporiz (Monterroso).
O persoal do centro contactou tamén co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias e explicou que xa estaban todos fóra do centro, ilesos.
Os servizos de emerxencias acudiron ao lugar e confirmou que non había lume, mais a caldeira tiña unha temperatura elevada. Os propios operarios do centro ventilaron a sala e comprobouse que a situación era de novo segura.
No operativo participaron os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e a Garda Civil.



