" />

Descenso de casos activos de covid e de positivos detectados, nunha xornada de alivio da UCI

Nova xornada de descenso de casos activos de Covid na provincia. Con 767 casos, Lugo acada a súa cifra máis baixa dende o pasado 10 de xaneiro no que se rexistraban 751 infeccións activas en plena escalada do virus. 

Pero hoxe non só descende este baremo. Baixa tamén o número de positivos detectados no día de onte. O último informe do SERGAS con datos recompilados ata as 18.00 horas de onte, revela un total de 30 novos casos detectados, 6 menos que na xornada anterior. Asemade, a esto hai que engadir un lixeiro relaxo da presión asistencial. 

Hoxe na UCI do HULA, a única con infeccións por coronavirus, se rexistran 19 pacientes covid, 2 menos que no día de onte. Mantense, en cambio, a presión en plantas de hospitalización, con 43 pacientes. 

En canto aos falecementos, o SERGAS notificou no día de onte un novo pasamento causado pola covid. Trátase dun home de 91 anos que finaba o pasado 21 de febreiro no HULA. Con todo, logo das 58 altas recibidas onte, son xa 10619 as persoas que superaron a enfermidade.

E todo esto, un día despois de que o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo anunciara un alivio nas restriccións e o comezo da desescalada nas limitacións impostas. Para empezar, toda Galicia verá como os centros comerciais poderán reabrir as fins de semana, e as universidades comezarán, como xa se prevía, o vindeiro 1 de marzo as clases presencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo