" />

Reabre a hostalería e os peches perimetrais: chega a desescalada

O Comité Clínico reuníuse esta mañá para valorar a incidencia da Covid 19 en Galicia e os efectos das restriccións impostas pola Xunta de Galicia ata hoxe. Se na pasada semana o presidente do Executivo Galego, Alberto Núñez Feijóo anunciaba un lixeiro alivio das restriccións, hai escasos minutos, o Presidente volveu a comparecer ante os medios de comunicación para dar a coñecer as novas medidas, máis flexibles, coas que a comunidade galega continuará loitando contra o virus.

Así, tras aclarar que Galicia se atopa por baixo “do nivel máximo de risco”, logo de baixar nun 79,9% a Incidencia Acumulada (IA) a 7 días, e ter a taxa de positividade “máis baixa”, o presidente anunciou o novo paquete de medidas que entrarán en vigor a partir de este venres 26. Asermade, Feijóo anunciou que o Comité Clínico pasará a empregar a IA a 7 días (ata agora era a 14 días) para poder “adiantarnos a ese indicador máis pecoz” e advertiu que “se hai que retomar restriccións, retomarémolas”.

Nesta nova desescalada, hai dous medidas compartidas entre todos os concellos galegos que son o inicio das clases presenciais na Universidade, como estaba estipulado, o vindeiro luns 1 de marzo; e a apertura dos Centros Comerciais as fins de semana, o Goberno Galego estipula tres niveis de alerta diferentes:

Primeiro Nivel (17 Concellos que teñen máis de 500 casos de IA)

Estes concellos continuarán como ata o de agora, coas mesmas restriccións que poden consultar aquí, ademáis da apertura dos Centros Comerciais as fins de semana. Estes concellos entre os que se atopan, por exemplo, Guitiriz, O Corgo ou A Pontenova, manteñen o peche perimetral así como o da hostalaría e a prohibición das reunións sociais entre non conviventes.

Segundo Nivel (IA de entre 200 e 500 casos e áreas sanitarias con gran IA como A Coruña, Ferrol e Pontevedra)

Neste segundo nivel, xa poderían abrir as terrazas ao 50% da súa capacidade ata as 18.00 horas, aínda que o interior de bares e restaurantes continuará pechado. Do mesmo xeito, permítense as reunións sociais de ata 4 non conviventes e a mobilidade entre concellos coa mesma incidencia acumulada.

Terceiro Nivel (IA de menos de 250)

Neste último nivel, o de máis relaxo das medidas, a hostalería reabrirá as súas portas tamén ata as 18 horas: ao 50% en terrazas e ao 30% do seu interior malia que a barra continuará pechada. Asemade, permítese as reunións de ata 4 non conviventes, a mobilidade tamén entre concellos co mesmo nivel de restriccións e, como novidade, reabrirán ximnasios e piscinas e permitirase o deporte colectivo de ata 4 non conviventes. Entre os 189 concellos con estes beneficios están algunhas das grandes cidades: Lugo, Ourense, Santiago e Vigo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo