" />

Feijóo avanza un alivio nas restricións a partir do mércores

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, compareceu en rolda de prensa este mediodía para anunciar un alivio nalgunhas das restricións impostas polo Goberno Autonómico para loitar contra a Covid19. Esta decisión, baseada nos consellos do Comité Clínico, foi tomada en base á melloría da situación pandémica desta terceira vaga, a que máis afectación tivo en Galicia.

O Presidente autonómico asegurou que “gustaríame abrir máis rápido, pero non podemos” facendo referencia á alta presión asistencial que todavía están a vivir os hospitais da comunidade. Con todo, Feijóo anunciou que, a partir deste mércores 17 de febreiro, relaxaránse algunhas das restricións.

Comercio

O pequeno comercio poderá abrir, de novo, no seu horario habitual. Sen embargo, os centros comerciais deberán seguir pechando as fins de semana.

Cultura

Con respecto ás actividades culturais, o Goberno autonómico, permitirá a reapertura de bibliotecas, cinemas, teatros ou auditorios ao 30% da súa capacidade.

Deporte

Unha das medidas restrictivas máis cuestionadas foron, precisamente, ás relativas ao eido deportivo. Feijóo avanzou este mediodía a reapertura, tamén, das instalacións deportivas ao aire libre, para a práctica individual. Asemade, volverán a autorizar as competicións federadas autonómicas.

Hostalería

Polo momento, a hostalería permanecerá pechada; sen embargo, os restaurantes das áreas de servizo poderán abrir as súas portas aos transportistas que deberán comer de forma individual.

Educación

Os centros de enseñanzas especiais: conservatorios de música e danza, as escolas de idiomas, etc.; poderán volver ás clases especiais dende o 22 de febreiro. Asemade, as universidades galegas deberán prolongar as clases telemáticas ata o 1 de marzo. Durante esa semana extra o Goberno Galego fará un cribado a profesorado e alumnos.

Reunións sociais

As reunións sociais continúan limitadas a persoas convivintes tanto en espazos públicos como privados.

Peche perimetral

Todos os concellos galegos seguen co peche perimetral individual. É dicir, só se permitirá a mobilidade no interior dos municipios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo