" />

Descenso significativo de novas infeccións por Covid aínda cun repunte nos casos activos

O Covid continúa a relaxarse na provincia de Lugo, pois a pesar do leve aumento de casos activos que se sitúa hoxe en 1.148, o número de novos infectados descende considerablemente ata os 42 confirmados durante o día de onte por PCR. Así, aínda que as altas, onte, non foron significativas, razón pola que o número de casos activos aumentou; os novos infectados deron un baixón importante nas últimas xornadas, dende as cifras presentadas onte polo SERGAS, foron 18 contaxios menos os publicados hoxe.

Con todo, a presión hospitalaria continúa ascendendo chegando ata os 59 ingresados, cinco máis ca onte. Deles, catro pacientes permanecen ingresados na UCI, os mesmos que durante a fin de semana.

Ademáis, nas últimas horas, rexistrouse un novo falecemento no Hospital Lucus Augusti, trátase dun home de 60 anos que procedía da residencia Vivenda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada. Con el, suman xa 105 as vidas cobradas polo virus. 

A nota positiva son hoxe as 3.782 persoas curadas. Con elas, outra boa nova e é que Burela, que estaba por segunda vez en alerta vermella, baixaba hoxe a súa incidencia a 7 días ata chegar ao laranxa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo