Detidas dúas persoas como presuntos autores de dous delitos de roubo con forza en vivendas

Axentes da Garda Civil de Lugo detiveron no día de onte a dous veciños da Capital, de 37 anos e outro menor de idade, como supostos autores de dous Delitos de Roubo con Forza en vivendas.

Os delitos investigados cometéronse no mes de febreiro, onde os presuntos autores acceden ao interior das vivendas sitas en Lamelas e San Juan de Cubelos, termino municipal de Palas de Rei, onde tras forzar as portas e xanelas cun machada de grandes dimensións, levaron do interior diversos efectos, termos, quentadores, ferramentas, así como as propias xanelas e portas de aluminio, as cales foron arrincadas das fachadas. Valorando os danos e o subtraído  nuns 6.000 euros.

A investigación destes delitos conduciu aos axentes cara a dúas persoas sospeitosas, as cales foron interceptadas nun turismo na Estrada N-547 (Saa-Palas de Rei), onde  lles foi incautada un machada de grandes dimensións, a cal presumiblemente utilizaron para acceder ás vivendas e arrincar portas e xanelas. Das investigacións levadas a cabo pola Garda Civil conseguiuse deter ás persoas supostamente relacionadas cos feitos delituosos,  quedando probada a autoría das infraccións penais investigadas, así como a localización dos efectos subtraídos nos roubos.

O modus operandi utilizado para cometer as infraccións penais era dirixirse ás vivendas onde ían cometer o feito delituoso e unha vez na zona fracturar as portas e xanelas, accedendo ao interior de todas as instancias da casa en busca de efectos de valor, así como arrincar as xanelas e portas de aluminio das fachadas das vivendas. Despois de facerse co botín o aluminio vendíano nunha Chatarrería situada na provincia da Coruña.

Os detidos foron postos a disposición da titular do Xulgado de Instrución Número Dous de Lugo,  xunto coas dilixencias instruídas,  durante o día hoxe.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com