Detido en Guitiriz un suposto ladrón de cobre

A Garda Civil detivo a un cidadán romanés de 29 anos como suposto autor dun delito de roubo de cable de cobre e investiga a outras tres persoas, de 22, 23 e 33 anos respectivamente, como posibles autores ou colaboradores, todos eles veciños da Coruña. Os feitos ocorreron na A6, á altura do quilómetro 524, cando unha patrulla identificara ao ocupante dunha furgoneta, que ao mesmo tempo estaba sendo buscado polas forzas de seguridade cunha orde de detención e presentación ante os Xulgados de Cidade Real.

O vehículo levantou sospeitas ao circular pola autovía a unha velocidade excesivamente moderada para esa estrada.A furgoneta non tiña ao día a ITV e transportaba unha grande cantidade de mangueiras de cable de cobre da que os ocupantes non puideron aportar datos sobre a súa procedencia. Deste xeito, por prevención, trasladaron aos seus integrantes a dependencias policiais e foron postos a disposición do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo