Detidos cinco mozos e unha menor por un roubo con forza en Lugo

A Policía Nacional detivo onte a cinco mozos dúas mulleres e tres homes de entre 18 e 24 anos e a unha menor por un delito de roubo con forza nunha vivenda da rúa Nova, na cidade de Lugo.

Os feitos ocorrían na mañá de onte cando un veciño alertaba da presencia de persoas estranas que entraban a unha vivenda e escoitou “ruídos en forma de golpes”. Dúas radiopatrullas desprazáronse ao lugar localizando no segundo piso do inmoble ás dúas mulleres que non foron quen de dar explicacións acerca da súa presencia no lugar.

Na comprobación do inmoble, os axentes percatáronse de que a porta da entrada estaba forzadae constataron como dende ese piso os tres varóns accederan ao inferior dende a fiestra da cociña. Ao acceder ao interior do primeiro piso, os axentes verificaron que parte dos enseres deste inmoble estaban preparados para ser trasladados.

A policía procedeu á detención dos mozos como presuntos autores dun delito de roubo con forza e foron trasladados a dependencias policiais para realizar o atestado.

Novas relacionadas

  1. Luis Díaz
    Abr 13, 2021 - 05:38 PM

    Cinco e unha menos, son catro ¿non?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com