Detidos dous homes como autores dun delito de estafa e falsidade documental

A Garda Civil detivo na localidade de Ribadeo a dous homes de nacionalidade rumanesa e veciños de Ribadeo, de 30 e 36 anos de idade como supostos autores dos delitos de estafa, falsidade documental e apropiación indebida.

Supostamente retiraron cunha tarxeta de crédito e sen consentimento  do seu titular máis de 2000 euros, así mesmo falsificaron a firma do propietario dun vehículo de alta gama nun contrato de compra-venda coa finalidade de realizar a trasferencia do mesmo ao seu favor, realizando a posteriori diversos trámites para a obtención dun duplicado da tarxeta de inspección técnica, falsificando para iso  unha declaración xurada e apropiándose do vehículo unha vez requirida a súa devolución por parte do lexítimo propietario.

Os detidos foron postos a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo