" />

O Día do Veciño reúne a máis de 3.800 persoas

Este domingo tivo lugar a celebración do Día do Veciño, un evento co que colabora o Concello e que reuniu a máis de 3.800 persoas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez que participou na celebración, aproveitou a ocasión para felicitar á Federación de Asociacións Veciñais Lucenses polo seu traballo, así como para destacar a importancia deste colectivo na cidade e na provincia.

Día do Veciño incluíu, ademais da tradicional comida, unha mostra de artesanía  e un partido de fútbol, así como a entrega dos premios da V de Veciño, que recoñecen o labor das persoas que colaboran co movemento veciñal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo