Díaz Castro merece máis

Todos levamos unha grande alegría cando a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, anunciou na igrexa dos Vilares, aquel 3 de Outubro de 2015, coincidindo co 25 cabodano do pasamento do poeta do Vilariño, a creación do Premio Xosé María Díaz Castro de poesía, así como celebramos tamén a alta participación nas catro convocatorias realizadas até hoxe nun concurso poético destas características. O prestixio dos membros do xurado e da editora do premio (Espiral Maior), sumado á dotación económica, conteibuen a ese éxito. Polo tanto, os meus parabéns a todos e asimesmo aos poetas gañadores. Así e todo, hai aspectos francamente mellorábeis á vista do observado até agora. Estes son os comunicativos, a trasmisión do premio á sociedade guitiricense e chairega no próximo e á galega en xeral e a organización da entrega destes premios.

Mesmo os que seguimos con atención os resultados, enterámonos con pouca anticipación ou a posteriori das presentacións dosnlibros gañadores, e esas presentacións non son en ningún caso feitas para a concurrencia masiva de veciños, cando calquera acontecemento relacionado con Díaz Castro debera ser unha festa literaria coa maior concurrencia. Na presentación do libro gañador da terceira edición co próprio autor, Xurxo Alonso, o acto foi levado ao Vilariño, con casi máis músicos que público (estes foron avisados a tarde anterior) nun acto máis orientado aos medios que á veciñanza. Non é que o Vilariño non conte con un importante contido simbólico, pero a convocatoria, non resposta en tempone forma ao que sería desexábel para convertir cada ano o prémio Díaz Castro unha das datas máis importantes do concello.
O poeta dos Vilares é o persoeiro máis importante que deu Guitiriz na súa história como para deixar que o premio poético co seu nome sexa para o goberno local un mero trámite anual que se resolva con 2.000€ e uns petiscos e que por motivos de subvencións da Xunta non teña cabida para máis norma que a do galego oficial. Chama a atención que outros certames poéticos, sen cobertura institucional nin dotación económica acaden máis trascendéncia social e participación veciñal que o grande prémio poético de Guitiriz. Díaz Castro merece máis.

Autor:  Anton Manuel Tenreiro Ferreiro

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com