Disputa entre o Concello e “Lugo Sen Mordazas” por unha denuncia

Logo da denuncia formulada pola policía municipal de Lugo á Asociación Lugo Sen Mordazas  que segundo o concello foi “por ocupar a vía pública na Praza de Santo Domingo, fronte ao inmoble número 7, sen autorización municipal, cunha mesa de captación de firmas o día 29/05/18”, incumprindo, polo tanto, a normativa vixente, de ámbito nin sequera local, senón estatal”, a asociación emitiu un comunicado no que entre outras cousas di: dende a Plataforma Lugo Sen Mordazas levamos varios meses denunciando a pretensión do goberno do PSOE de Lugo de aprobar unha ordenanza regresiva, discriminatoria e represiva para a cidadanía, que busca frear a organización popular e agochar os problemas sociais do municipio en lugar de buscarlles solución: a Ordenanza de Seguridade e Civismo. Dita ordenanza teoriza cun novo modo de “convivencia e civismo” na cidade que se torna en realidade nun extremo e cínico clasismo que coarta a liberdade de expresión da veciñanza, excluíndo e segregando a partes iguais e atacando ás persoas máis febles”

E continua “a proposta, lonxe de construír un Lugo máis cívico, fai retroceder ao noso municipio con prohibicións dignas do antigo Tribunal de Orde Pública franquista.  Só por lembrar algunhas das  absurdas e coercitivas  sancións: multas de ata 750 euros por levar unha cadeira para sentarse no parque, de ata 1500 euros por vender chatarra ou de ata 3000 euros por pedir esmola.

 Lugo sen mordazas minte á cidadanía

Dende o Goberno Municpal a contestación non se fixo agardar e a Concelleira Carmen Basadre declarou “Lugo Sen Mordazas minte á cidadanía”, pois para poñer unha mesa na rúa é necesario, dixo a concelleira, autorización que se “esíxese a todos e cada un dos cidadáns ou colectivos que queiran colocar unha mesa informativa, de recadación de fondos ou de recollida de sinaturas, ou para calquera outro fin”.

A plataforma reitera que “queremos deixar claro que non cederemos ante sancións inxustas e ilexítimas, presentaremos alegacións a esta multa e cantas cheguen e seguiremos adiante dando a coñecer a aberración que supón esta Ordenanza Mordaza e levando a cabo cantas actividades e accións consideremos oportunas ata acadar a retirada íntegra da citada Ordenanza Cívica municipal”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com