Doce nenos e nenas reciben os premios do Certame de Debuxo Educar para Previr

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Educación, Manuel Núñez,  fixeron entrega este mércores, no Salón de Plenos, dos premios do XXIII Certame de debuxo Educar para previr. Trátase dun concurso educativo organizado polo Concello, que ten como obxectivo implicar e sensibilizar aos máis cativos sobre os efectos negativos do consumo de drogas.

Nesta edición participaron máis de 1.200 nenos e nenas de primaria de 9 centros educativos de Lugo, que baixo o tema de saúde e ocio reflexionaron acerca dos beneficios das actividades de lecer saudables.

Entre os alumnos dos centros educativos que participaron na convocatoria escolléronse aos 12 gañadores que recibiron un diploma acreditativo, un vale por importe de 50 euros en material deportivo, un calendario para o ano 2017 cos traballos seleccionados. Así mesmo, e grazas a unha iniciativa entre Concello e Tiger, un agasallo proporcionado por esta cadea.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com