Dous novos casos de contaxio por Covid-19 na Área de Lugo

De novo un pequeno incremento no número de infectados en Lugo e provincia por Coronavirus. Que eleva a 58 os que sofren neste momento a enfermidade por Covid-19.

Isto é un aviso do que pode suceder se non se cumpren estritamente as indicacións das autoridades sanitarias. Moitas persoas pensan que o andazo xa está superado. Nada máis lonxe diso, a enfermidade aínda meterá medo en máis dunha ocasión, polo que non nos cansaremos de repetir que de nada terá válido estar dou meses confinados, se agora polas presas, o verán as terrazas etc, volvemos ao punto de partida. Daquela, nada será o mesmo, xa non será marzo, daqula a economía estará, xa esta de feito, nunha situación moi complicada, a máis complicada dende a guerra civil din; é contan os que a viviron que non será volver estar confinado outros dous meses na casa.

Para o resto de Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 869, deles 215 son da área da Coruña, 124 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 261 da área de Vigo, 147 da de Santiago, e 27 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 permanecen en UCI, 61 están en unidades de hospitalización e 796 no domicilio. Polo de agora, no país,  hai un total de 9.716 persoas curadas, rexistrándose 613 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 134.690.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com