Dúas mulleres resultan feridas nun accidente en Baralla

Dúas amigas resultaron feridas esta mañá despois de sufrir un accidente co vehículo no que viaxaban. Ás 09:30 horas, unha das implicadas pedía axuda ao persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 (CIAE). Explicaba no seu relato que o vehículo no que viaxaba ela e a súa amiga, pola estrada que une Baralla e Guimarei, á altura da localidade lucense de Baralla saíase da vía, precipitándose por un desnivel. Aseguraba que, as dúas, estaban feridas pero fora do turismo.

Os profesionais do CIAE, de inmediato, pasaron aviso ás 061-Urxencias Sanitarias e alertaron ademais da os axentes de Tráfico, aos Bombeiros de Sarria e aos efectivos do GES de Becerreá.

As dúas amigas foron evacuadas polos técnicos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com