Dúas veciñas de Castro de Rei intoxicadas por inhalación de monóxido de carbono

Dúas veciñas  de Castro e Rei foron evacuadas ao Hospital Lucus Augusti na mañá de hoxe ao resultar afectadas por intoxicación por monóxido de carbono.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, os equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, detectaron que se trataba dunha acumulación nociva de gas no interior do inmoble provocado pola mala combustión dunha cociña de leña.

O suceso produciuse ás 06:30 horas. Nese momento, unha das moradoras da vivenda chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia para unha familiar que perdera o coñecemento.

Decontado, os xestores do 112 solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, tras poñerse en contacto coa muller, sinalaron que se  podía tratarse dun escape de gas.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), alertouse de inmediato aos Bombeiros de Vilalba e aos axentes da Garda Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que o índice de concentración de monóxido de carbono no interior da vivenda era elevado e procederon a ventilar o inmoble.

Co fin de realizar as comprobacións necesarias, tamén se informou ao persoal da empresa subministradora de gas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com