" />

Ediles socialistas de Abadín doan ao colexio as súas dietas para mercar mobiliario e libros

Os catro concelleiros da Agrupación Socialista de Abadín decidiron doar os 400 euros de dietas que lles corresponderían no mes de xullo para contribuir coa compra de mobiliario e libros para a ludoteca do Colexio de Infantil e Primarioa Aquilino Iglesia Alvariño, desta localidade. A dirección do centro puido mercar con estes cartos novas estanterias, mesas, sillas, así como libros para os alumnos de primaria.

“Hoxe recibimos as fotos da Dirección do Colexio do CEIP Aquilino Iglesia Alavariño de Abadín, encargada de adquirir o material, coas que podemos comprobar a inversión das nosas aportacións para a compra de mobiliario para a ludoteca do colexio, con novas estanterias, mesas, sillas, pufs así como novos libros para os alumnos de primaria”, explicou Díaz.

“Estamos moi orgullosos de poder contribuír a adquirir novo material aos nosos nenos e nenas, e queremos aproveitar para felicitar a toda a dirección do colexio de Abadín que está traballando a reo para saír adiante nesta situación. Podedes contar con nós para seguir apostando por unha educación publica e de calidade”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo