Educación abre o prazo para presentar as solicitudes das axudas de libros de texto para o vindeiro curso

A concellería de Educación e Difusión do Coñecemento vén de abrir o prazo de solicutide para as axudas para material escolar e libros de texto para familias con baixos recursos, que se entregan anualmente. O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, explicou que “continuamos a traballar en mellorar os prazos, e para o curso 2021-22 agardamos poder comezar a entregan as primeiras semanas de clases”.

A concellería de educación destinará un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar, en vales de 100€ para un total de 400 persoas beneficiarias. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar. As solicitudes poderán presentarse entre o 4 e o 24 de xuño, mediante o rexistro telemático do Concello de Lugo de xeito preferente, mais tamén a través do rexistro presencial do Concello e de outras administracións.

“Desde a nosa chegada ao goberno traballamos para mellorar a entrega deste tipo de axudas, reducindo os tempos e tratando de mellorar a atención dada ás familias”, explicou Felipe Rivas, que engadiu “este ano, como novidade, reduciremos a cantidade de documentación que se terá que entregar coa solicitude”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com