A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión institucional coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, para abordar diversos asuntos relacionados coa seguridade, a mobilidade e as infraestruturas da cidade.
Durante o encontro, a rexedora expuxo a necesidade de avanzar en proxectos dependentes da Administración central, entre eles a mellora da rotonda de Nadela, tanto en materia de iluminación como de seguridade viaria.
Tamén se abordou o estado da futura Comisaría da Policía Nacional, así como a proposta de dotar a Lugo dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) permanente. No ámbito das comunicacións, analizouse a situación de infraestruturas pendentes como a N-540 e as autovías A-54 e A-56.
En materia ferroviaria, Candia trasladou a conveniencia de que a posta en marcha da estación intermodal estea acompañada dunha mellora das conexións por tren, con máis frecuencias e tempos de viaxe máis competitivos.
A reunión incluíu igualmente unha referencia ao futuro do Cuartel de San Fernando, para o que a alcaldesa solicitou a colaboración do Goberno central co obxectivo de optar a programas de financiamento destinados á recuperación do patrimonio histórico.
Segundo informou o Concello, o encontro enmárcase na rolda de contactos institucionais impulsada polo novo goberno municipal para reforzar a coordinación entre administrac






