Emoción, ilusión e loita conformarán o fin de semana do Emevé

Esta fin de semana o Club de Voleibol Emevé, presenta aos seus afeccionados e patrocinadores, todos os seus equipos, desde idade pre-escolar ata os máis veteranos. Nesta ocasión o acto será o sábado 20 de outubro no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo ás 15:00 horas. Nel estarán presentes autoridades como Manolo Cadramón, en representación da Xunta de Galicia, Antonio Ameijide e Quique Rozas, do Grupo municipal do Partido Popular, e outras autoridades que gozarán dun emotivo acto, cargado de ilusión nun ano que se presenta “moi bo” para o club lucense.
Ao finalizar o acto, en torno ás 17.00 horas, as  Loitadoras da Superliga Feminina de Voleibol, debutarán na casa, na súa segunda xornada de Liga contra un vello amigo: o Madrid Voleibol. Recén ascendido e cun camiño moi parecido ao das lucenses, neste soño de xogar na elite. As mozas de José Valle, saben que teñen diante un partido importante pola trascendencia do mesmo e no que se enfrontarán a un rival moi igualado en nivel, economía e veteranía.
As lucenses saben que lles toca dar o mellor diante da súa afección e demostrarán o poderío que as levou a estar no máis alto do Voleibol Nacional. O posible septeto inicial do encontro será o formado por Maria Sanjurjo, Laura Villasante, Lucía Prol, Tea Andric ́, Natalia Aispurúa, Irene Yáñez y Eliana Gónzalez (Líbero). Como reservas: Carmen Saá, Alba Pizarro, Julia Paradela, Aitana Fernández, Uxía López, Ivelina Avramova y Paula Lorenzo.
Seguidamente, ás 19:00 horas será turno dos mozos de Diego Taboada que loitarán man a man contra os tinerfeños de Cisneros Alter, que se atopan nestes momentos no noveno posto da Liga Regular. Os lucenses parten como favoritos neste partido tras levar ganados os dous encontros disputados ata o momento, pero saben que teñen que seguir demostrando o seu nivel para poder optar aos postos máis altos da táboa.
A pesar das ganas dos lucenses, o cadro tinerfeño anunciou hoxe que loitará por sumar os primeiros puntos da tempada, no encontro que terá lugar o sábado. Con este obxectivo, o persoal desprazarase ata Lugo para enfrontarase “a un sólido bloque que apenas cedeu un set nas dúas primeiras xornadas e cuxos xogadores se atopan nun excelente estado de forma”. Pola súa banda, o Cisneros acumula dúas derrotas consecutivas, aínda que no partido da semana pasada ante o Extremadura Cáceres evidenciou unha certa melloría no seu xogo, sobre todo despois do primeiro set, tras a redistribución dos roles dalgúns dos xogadores, o que propiciou unha maior eficacia na organización do xogo e máis contundencia no ataque.
Precisamente, de fronte ao duelo co Emevé, o preparador do conxunto tinerfeño, Rubén Martínez Acuña, incidirá en “este novo modelo táctico que nos está xerando sensacións bastante positivas”. Sobre o rival, sostén que “se trata dun equipo consolidado, que, ademais, este ano reforzáronse con moi bo criterio e cuxa misión é logar o ascenso a Superliga 1”. Pola contra, segundo puntualiza, “a nosa formulación para este encontro é profundar na progresión do equipo e gañar en competitividade”.
O posible septeto elixido por Diego Taboada para o cadro lucense estará formado por Pablo Villar, Pedro Sánchez,
Manuel Blanco, Anass Anzaui, Victor Bouza, Chema Giménez y Mario Dovale (Líbero). Como reservas actuarán: Adrián García, Rubén López, Jordi Herrero, Guillermo Avendaño y Diego Negro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo