" />

Empregados de Tegestacín concéntranse diante da empresa polo impago dos seus salarios

O comité de empresa da compañía Tegestacón, a leiteira de Outeiro de Rei, convocou hoxe unha breve concentración diante da factoría ás 14 horas para denunciar o impago dos salarios do mes de decembro e a falta dunha solución para a empresa.

Así, tras unha asemblea informativa do persoal sobre o avance das reunións dentro do ERE, unha trintena de traballadores da compañía xuntáronse na porta da compañía cun cartaz que rezaba “Emprego e salarios dignos contra a pobreza”.

Dende a CIG denuncian publicamente esta situación, sendo “intolerable” a actuación da empresa, que, segundo explican, mantén unha actividade productiva e de ventas reducidas, pero que non se está a traducir na garantía de pagamento dos salarios do persoal.

Tamén lamentan, dende o sindicato, a “falta de actuacións claras” da empresa para darlle unha solución ás
instalacións da factoría no que, din, “claramente está a ser unha operación especulativa, para a venda das instalacións e o traslado da actividade productiva cara outras empresas do grupo”.

Esta situación será trasladada á Xunta na xornada seguinte nunha reunión prevista co comité, na necesidade dunha implicación real da administración galega para atopar unha solución á factoría.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo