Miguel Anxo Fernan Vello Miguel Anxo Fernan Vello

En Marea demanda do Ministerio de Xustiza que dote a Viveiro dun xulgado do social e que reforce os xulgados do social en Lugo

O deputado por Lugo de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha proposición non de lei no Congreso na que insta ao Ministerio de Xustiza a dotar a Galiza de máis xulgados para rebaixar a actual saturación e colapso existente.

Entre as demandas plantexadas polo parlamentar de En Marea, está a de solicitar a Xustiza un Xulgado do Social para Viveiro, así como o reforzamento dos tres Xulgados do Social de Lugo. Pide tamén unha praza na Sección Primeira, con competencia civil, da Audiencia Provincial.

Miguel Anxo Fernán Vello fai valer algunha das conclusións do Informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, no que se indica que un 34,51% dos xulgados galegos, algo así como un de cada tres, soportan máis traballo do que poden asumir.
No caso concreto de Lugo, o parlamentario de En Marea salienta que segundo o Informe do CXPX, os xulgados de Primeira Instancia e Instrución con sobrecarga de traballo son os números 1 e 2 de Viveiro, así como o de Primeira Instancia número 2 de Lugo coa media máis alta de Galicia, o 271,46%.
Miguel Anxo Fernán Vello alega que o Ministerio de Xustiza expresou a súa predisposición a crear novos órganos xurisdicionais este ano 2016 en Galiza, após de anos de parón neste sentido. As necesidades de Lugo

As necesidades de Lugo 

O deputado de En Marea afirma que Lugo “precisa de máis persoal e medios técnicos para desbloquear o atasco actual. Os Xulgados do Social están desbordados pola cantidade de asuntos que reciben, especialmente debido ao aumento da conflitividade laboral derivada da crise e da aprobación das restritivas reformas laborais”.
Explica que os xuízos de reclamacións de cantidades sofren unha demora enorme. “Os despedimentos laborais incrementáronse lamentabelmente debido á regresiva reforma laboral. A precariedade laboral aumentou e as condicións laborais empeoraron, o cal levou ao incremento da conflitividade e máis casos nos xulgados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com