Encontro de xogadores do Breogán con nenos da Planta Infantil do HULA

Os xogadores Club de Baloncesto Breogán e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participaron esta maña nun encontro con nenos da Planta Infantil do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Esta é a 1ª das accións enmarcadas no contrato de patrocinio que a Deputación de Lugo asinou coa entidade deportiva.

No encontro, participaron dezaoito nenos e nenas con diferentes patoloxías que puideron coñecer aos xogadores do club. Ademais, os cativos recibiron como agasallos mochilas; un balón de baloncesto, pulseiras e algún xogo. Rivera Capón destacou que “esta é a primeira dunha longa lista de accións sociais que a Deputación promoverá a partir de agora da man do club celeste”. Pola súa banda, os xogadores do Breogán transmitiron a súa forza e alento aos rapaces e estes devolvéronlles o seu mellor sorriso.

Contrato de patrocinio

A Deputación e o CB Breogán acordaron impulsar o fomento de valores sociais a través do deporte. Para iso, cederanse gratis 15.000 entradas aos partidos do Breogán a colexios públicos, asociacións sen ánimo e colectivos de persoas con capacidades diferentes da provincia; haberá visitas guiadas aos adestramentos do Breogán, que tamén se levarán a distintos lugares públicos do rural lugués; organizaranse actividades sociais como visitas dos xogadores aos colexios, centros de maiores, centros de saúde, hospitais, especialmente, ás unidades onde hai nenos…; haberá partidos con fins benéficos, nos que se recadarán fondos para colectivos sociais; así como encontros mixtos con xogadoras da provincia; celebraranse charlas sobre o deporte como elemento de inclusión social… O equipo participara de xeito activo en campañas contra a violencia de xénero, loita contra o cancro, días solidarios ou de conmemoración, etcétera.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo