" />

Entregados os primeiros hortos urbanos municipais

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal en funcións, Daniel Piñeiro, entregou hoxe os primeiros hortos urbanos municipais da cidade, que o Concello acondicionou no Parque dos Paxariños. O Concello proporciona a cada persoa usuaria unha superficie mínima duns 30 metros cadrados. A duración das autorizacións será de dous anos vexetativos.

Estes son os primeiros e non os últimos, xa que se proxecta a creación deste tipo de parcelas nas Gándaras, dentro do proxecto Lugo+Biodinámico que lidera o Concello. Con esta adxudicación, que se fixo baixo criterios sociais, tal e como se reflexa na ordenanza reguladora, aprobada por unanimidade no Pleno Municipal; Lugo continúa impulsando unha forma máis sostible de disfrutar da cidade.

Os hortos urbanos que creou o Concello no Parque dos Paxariños teñen unha extensión total de 3.000 metros cadrados, dos cales se empregarán para o cultivo 1.085, distribuídos en 33 parcelas, e os restantes son zonas comúns: un aparcamento, unha caseta de madeira para apeiros e material, fontes de rega e mesas e bancos de uso público, todo, integrado na contorna.

Os hortos están destinados ao autoconsumo para favorecer os hábitos de vida saudables a través do cultivo de productos ecolóxicos. O investimento que destinou o Concello para o acondicionamento dos hortos foi de 60.000€.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo