O equipo de Lara Méndez aproba deixar a débeda a cero no Concello

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo vén de aprobar hoxe dous novos expedientes de modificación orzamentaria para deixar a cero a débeda bancaria do Concello co fin de amortizar 4,3 millóns de euros de débeda. Unha amortización que prevén sexa definitiva a finais de ano, comezando o 2018 sen cargas financieiras e mantendo o nivel de investimentos.

Esta débeda, que viña arrastrada dende antes do Goberno de Orozco, chegou a reducirse co exalcalde de 43,5 millóns de euros de débeda que se atopou no 1999 a 22,5 millóns, que recolleu o actual goberno en 2015, e que agora pretenden reducir a 0. O seguinte paso para o Concello é aprobar en Comisión de Contas esta modificación, así como en Pleno e, contando co apoio da oposición terá que ter un prazo de exposición pública para poder resolver posibles alegacións da cidadanía.

Pola sua banda, Olga Louzao criticou que o Goberno municipal “presuma” de débeda cero e superávit económico, xa que, segundo entende o partido da cidadanía, é unha evidencia que dende que tomou posesión Lara Méndez, dixo Louzao, “non se fixo nada na cidade, o que tildou máis de síntoma de parálise que de boa xestión”.

Outros asuntos

O voceiro do goberno municipal tamén deu conta doutros asuntos que se levaron a Xunta de Goberno resultando aprobados. Entre eles outras dúas modificacións orzamentarias: unha para rebaixar o 95% do IBI das explotacións agrogandeiras, xunto coa exención do IBI de Cinco centros á Xunta de Galicia, que o goberno local defenderá no vindeiro pleno, e outra modificación da ordenanza reguladora da escola municipal de música para a exención de gastos aos beneficiarios que desexen participar na banda e na banda infantil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com