" />

Este domingo terá lugar a romaría da Pena Redonda de Paradela

Este domingo vaise recuperar a tradicional romaría da Pena Redonda, a primeira das tres que o Concello de Paradela vai revitalizar con motivo da celebración do seu bicentenario como institución municipal. As outras dúas son A das Dores, na capital do concello, o fin de semana próximo, e a de Castro de Rei de Lemos, nos primeiros días do mes de outubro.

A ermida de Pena Redonda está situada no cumio do Monte de A Trapa, e desde ela divísanse terras de Portomarín, Taboada, O Páramo, Guntín e Taboada. Pertence á parroquia de San Facundo de Ribas de Miño, onde en tempos houbo un histórico mosteiro, a igrexa garda magníficas pinturas e ao seu arredor está o único cimeterio de Galicia que ten todas as súas lápidas en galego.

A tradición das merendas na contorna da capela vaise recuperar este ano, contando cunha importante afluencia de familias e grupos de amigos, así como tamén con postos de polbo á feira e outros produtos festeiros.

Tradicionalmente sacábase á Virxe en procesión para pregar polas necesarias choivas ou, segundo a necesidade, por tempo seco. Levábase tamén, coa mesma intención, á igrexa de San Facundo e volvíase traer o día da festa, querendo a lenda que nunha ocasión a Virxe se negara a ser desplazada. E, para ter idea do arraigado desta romaría, lenda hai que conta que unha vez houbo tres irmás e as tres eran santas, polo que a devoción popular quixo levalas para os tres santuarios que hoxe teñen máis sona na comarca. E así, as tres santas irmáns dende entón convocan anualmente aos fieis cos nomes dos seus santuarios: A Virxe do Milagro de O Cebreiro, a Virxe do Faro, e a Virxe de Pena Redonda.

A animación comezará arredor do santuario durante a mañá, para a celebración á unha da tarde da Misa Maior, seguidamente procesión, e logo sesión vermouth amenizada pola Banda de Música de Paradela.

Despois do xantar haberá sesión da tarde, e logo festa e verbena amenizada polos grupos Explosión e Fama.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo